A Asociación de Anticuarios e Restauradores de Sarria organiza unha nova edición do Mercadillo Quilate

SarriaXa
Nesta ocasión, celebrarase esta edición cun evento especial de magosto
Mercado Quilate Sarria
25 Out 2024

A Asociación de Anticuarios e Restauradores de Sarria organiza, en colaboración co Concello de Sarria, outra nova edición do Mercadillo Quilate o vindeiro 2 de novembro.

Nesta ocasión, celebrarase esta edición cun evento especial de magosto. Así, comezará ás 12.00 horas ccun obradoiro de elaboración de santiños para nenos con Lourdes Pombo, de Torta Sarria.

Ademais, terá lugar unha sesión vermú con Rural O Urbano, onde as persoas que queiran poderán desfrutar da compañía e a comida na rúa porvir, como é tradición.

0.17583799362183