A Asociación de Mulleres Afectadas de Cáncer de Mama de Aspe foron recibidas en Sarria
A Asociación de Mulleres Afectadas de Cáncer de Mama do municipio de Aspe, en Alicante, pasou por Sarria no seu percorrido polo Camiño de Santiago desde O Cebreiro ata Santiago de Compostela, que comezaron este domingo e teñen previsto chegar a Compostela o día 8.
Este é o VII Camiño de Santiago ‘Prohibido rendirse, sí se puede’ que organiza a asociación como un percorrido solidario no que as socias e as súas familias, participantes nesta iniciativa, poñen a disposición a conta ES37 0049 1940 4324 1005 6598 para que as persoas interesadas poidan facer as súas donacións destinadas á investigación do cáncer de mama.
Durante o primeiro día de percorrido, as participantes pararon no Concello de Sarria, onde foron recibidas polo alcalde, Claudio Garrido, a familiares de Jorge López, o ex presidente da Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Sarria, que faleceu este ano e era un bo amigo desta asociación.