A Asociación de Mulleres de Paradela celebra o magosto o 15 de novembro co Dúo Explosión

A Asociación de Mulleres de Paradela organiza o seu tradicional magosto o vindeiro 15 de novembro, unha cita esperada que se celebrará no mercado gandeiro municipal a partir das 21.30 horas.
A xornada incluirá unha cea con produtos da tempada, a degustación de castañas asadas e unha sesión de baile amenizada pola música en directo do Dúo Explosión, garantindo así unha noite chea de festa e bo ambiente.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 12 de novembro nos teléfonos de Rocío (649 240 466) e de Mila (669 849 518). Dende a organización animan á veciñanza a sumarse a esta celebración que mantén viva unha das tradicións máis populares do outono galego.