A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha cea do xabaril con baile o 26 de abril

A Asociación de Mulleres de Paradela prepara unha nova edición da súa popular cea do xabaril, que se celebrará o vindeiro 26 de abril a partir das 22:00 horas no recinto do mercado gandeiro de Paradela.
O evento contará non só cunha cea onde o prato principal será o xabaril, senón tamén cunha animada sesión de baile a cargo do Dúo Explosión, que porá música á noite e convidará a todas as persoas asistentes a gozar dunha xornada festiva e de convivencia veciñal.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 19 de abril, contactando con Rocío no teléfono 633 134 561 ou con Mila no 669 849 518.
Desde a organización animan a veciñanza a sumarse a esta actividade que combina gastronomía, música e celebración nun ambiente familiar e festivo.