A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha viaxe a Portugal

A Asociación de Mulleres de Paradela promove unha nova actividade dirixida ás súas socias e á veciñanza en xeral coa organización dunha viaxe a Portugal que permitirá asistir á coñecida feira de Pascua de Vila Nova de Cerveira.
A iniciativa, prevista para o vindeiro 4 de abril, busca fomentar a convivencia e ofrecer unha xornada de lecer nun dos eventos máis destacados da zona norte do país veciño.
A saída realizarase ás 7.00 horas da mañá desde Paradela, polo que a organización recomenda puntualidade ás persoas participantes para garantir o correcto desenvolvemento da viaxe.
A feira de Pascua de Vila Nova de Cerveira é unha cita tradicional que reúne numerosos postos de artesanía, produtos gastronómicos e actividades culturais, converténdose nun atractivo tanto para visitantes locais como para turistas.