A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha excursión á feira de Vilanova de Cerveira

SarriaXa
A viaxe incluirá a visita á tradicional feira portuguesa e unha comida conxunta, con prazas dispoñibles ata o 4 de novembro
vilanova-de-cerveira-portugal
20 Oct 2025

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha excursión á feira de Vilanova de Cerveira o vindeiro 8 de novembro, unha cita xa tradicional para moitos veciños e veciñas da comarca. A saída está prevista ás 07.00 horas desde o mercado gandeiro de Paradela, cunha parada posterior en Sarria para recoller participantes.

Durante a xornada, as viaxeiras e viaxeiros poderán gozar da coñecida feira de Vilanova de Cerveira, unha das máis populares do norte de Portugal, que enche cada sábado as rúas da vila de postos con produtos locais, artesanía, roupa, flores e gastronomía tradicional. Ademais, a excursión inclúe tamén a comida alí, ofrecendo unha xornada completa de convivencia e lecer.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa reserva ata o 4 de novembro nos teléfonos de Rocío (649 240 466) e de Mila (660 849 518).

⚙ Configurar cookies
0.092841148376465