A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe a Portugal

SarriaXa
O itinerario inclúe tres días: visita a Cascais e Estoril no primeiro día, visita guiada a Lisboa no segundo día e percorrido por Coimbra e Portugal dos Pequenitos no terceiro día
Asociación-Mulleres-Rurais-Paradela-viaxe-Portugal
25 Mar 2025

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe a Portugal do 2 ao 4 de maio, cun completo programa turístico que inclúe visitas a Cascais, Estoril, Lisboa e Coimbra, así como á popular Cidade dos Pequeninos, un parque temático infantil moi coñecido no país veciño.

A saída terá lugar o 2 de maio ás 6.00 horas desde o Mercado Gandeiro de Paradela, e o prezo é de 340 euros para socias e persoas empadroadas, e de 360 euros para non socios.

O itinerario inclúe tres días: visita a Cascais e Estoril no primeiro día, visita guiada a Lisboa no segundo día e percorrido por Coimbra e Portugal dos Pequenitos no terceiro día.

A proposta inclúe transporte en autocar gran turismo, pensión completa durante toda a estancia, guía en Lisboa, entradas e seguro de viaxe.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de abril, contactando con Mila (669 849 518) e Rocío (649 240 466).

⚙ Configurar cookies
0.52278017997742