A Asociación de Persoas sen Diagnóstico recibiu o cheque co diñeiro recadado na andaina organizada polo Puebla Futsal
SarriaXa
O Goberno local de Láncara fixo entrega dun cheque de 796 euros, recadados na andaina solidaria organizada polo equipo de fútbol Puebla Futsal no pasado mes de decembro, á Asociación de Persoas sen Diagnóstico.
16 Xan 2024

Así, despois de ter lugar o encontro deportivo entre o equipo local e o Friol B, xuntáronse tanto membros da corporación municipal, xogadores, afeccionados e persoas da asociación para recibir este cheque.
Ademais, un dos veciños, Rodrigo, foi o encargado de facer o saque de honra do partido, co que se viviu unha xornada de "emocións e moita ilusión", tanto para os organizadores da andaina como para a asociación beneficiaria.