A Asociación de Veciños de Goián organiza o Magosto o vindeiro 2 de novembro

SarriaXa
Todas as persoas interesadas en formar parte desta actividade deberán facerllo saber aos integrantes da asociación antes do 30 de outubro
castañas-magosto
23 Oct 2024

A Asociación de Veciños de Goián (Ajuilaouca) organiza unha nova actividade, neste caso o tradicional Magosto, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de novembro.

Desta maneira, todos os veciños e veciñas e outras persoas que queiran achegarse a desfrutar desta actividade na parroquia sarriá de Goián poderán facelo, anotándose antes do mércores, 30 de outubro ás 14.00 horas poñéndose en contacto con Kevin, Jose ou Jéssica.

Durante a iniciativa, as participantes poderán desfrutar de panceta, raxo, chourizo, tarta e queixo e castañas asadas a partir das 21.00 horas na Escola de Goián e pagando un custo de 15 euros no caso dos adultos e de 7,5 euros para os menores de 10 anos.

0.14809584617615