A Asociación de Veciños de Goián organiza unha excursión a Ourense e á Ribeira Sacra

SarriaXa
A actividade desenvolverase o 19 de xullo con visitas culturais, paseo en catamarán e cata de viños
Asociación-de-Veciños-de-Goián-Sarria-directiva
12 Jul 2025

A Asociación de Veciños de Goián de Sarria organiza o vindeiro 19 de xullo de 2025 unha excursión aberta a socios e non socios para coñecer Ourense e a Ribeira Sacra.

A saída será ás 8:30 horas desde a Escola de Goián, con paradas en Sarria e en Monforte de Lemos ás 9:30 horas para almorzar. Ás 10:15 horas retomarase a viaxe cara a Ourense, onde os asistentes poderán visitar lugares emblemáticos como a Praza Maior, As Burgas, a Catedral de San Martiño co seu Claustro, o Miradoiro de San Francisco, as Termas da Chavasqueira, a Ponte do Milenio e a Ponte Romana.

Ás 13:30 horas, realizarase o xantar no restaurante A Taberna, para logo continuar cara ao Embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, onde se embarcará ás 16:30 horas nunha viagem en catamarán pola Ribeira Sacra de 1 hora e 20 minutos de duración.

Ás 18:00 horas, a excursión seguirá cara a Pantón, cunha visita guiada e cata de viños na recoñecida Adega Casa Moreiras, pioneira na D.O. Ribeira Sacra desde 1996. Ao finalizar, regresarán a Goián.

O prezo da actividade é de 40 euros para socios e 50 euros para non socios. O número de prazas está limitado a 28 persoas e requírese un mínimo de 20 participantes para realizar a excursión.

As inscricións estarán abertas ata o xoves 10 de xullo, ás 12:00 horas, a través do grupo de veciños ou chamando aos teléfonos: 618 249 003 (Jéssica), 650 036 380 (José) e 684 095 979 (Kevin).

⚙ Configurar cookies
0.14290189743042