A Asociación de Veciños de Goián organiza unha festa polo San Miguel a finais de setembro
A Asociación de Veciños de Goián, na parroquia do mesmo nome de Sarria, veñen de anunciar que celebra as festas de San Miguel o vindeiro 29 de setembro na Escola de Goián.
Así, Kevin, Jose e Jéssica, da directiva da asociación que tamén se encargaron este ano de organizar as festas da parroquia e a tradicional romaría do Santo Cristo de Goián, promoven, unha vez máis, unha celebración dirixida a toda a veciñanza e persoas que quieran achegarse.
Todo comezará ás 13.00 horas coa sesión vermú, seguida do xantar ás 14.00 horas no que se contará con empanada, xamón cocido, churrasco con patacas e larpeira e pola que dúas persoas de cada casa de Goián comerán gratis e polos invitados haberá que aportar 30 euros, a menos que sexan menores de 10 anos, polos que se pagará 15 euros.
As persoas interesadas en desfrutar desta festa poderán anotarse antes do 25 de setembro ás 14.00 horas contactando con calquera dos tres membros da directiva da Asociación de Veciños de Goián.