A Asociación de Veciños San Martiño de Río celebrou o Día Internacional das Reservas da Biosfera

A Asociación de Veciños San Martiño de Río, en Láncara, celebrou o 3 de novembro o Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO.
Durante a xornada, o colectivo resaltou a concesión dunha subvención para “poñer en valor o patrimonio cultural do Colexio de Río, local social da asociación”, unha axuda outorgada polas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses.
O apoio económico forma parte dos proxectos de investimento que buscan promover a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios durante a anualidade 2025, permitindo ao colectivo avanzar na conservación e dinamización do seu legado cultural.