A Asociación Ergueitas de Sarria percorrerá o roteiro Fiz Vergara Vilariño o 31 de maio

SarriaXa
Este itinerario literario e artístico rende homenaxe á obra e ao territorio de Fiz Vergara Vilariño, coincidindo co 25º aniversario do Premio de Poesía que leva o seu nome
Roteiro-Fiz-Vergara-Vilariño-Samos
11 May 2025

A Asociación Ergueitas de Sarria celebrará o vindeiro 31 de maio unha xornada especial de percorrido pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara Vilariño, na que participarán diversas artistas plásticas que realizaron intervencións en 13 puntos da ruta, interpretando outros tantos poemas do poeta lugués.

Esta iniciativa forma parte dun proxecto de recuperación e posta en valor deste itinerario literario e artístico que homenaxea a obra e o territorio de Fiz Vergara Vilariño, coincidindo co 25º aniversario do Premio de Poesía que leva o seu nome.

Nos últimos meses, e en colaboración co Concello de Samos, a Asociación Ergueitas levou a cabo reparacións nas instalacións que o requirían, repuxo os soportes dos poemas que acompañan as intervencións e instalou nova sinalización e códigos QR, co obxectivo de mellorar a experiencia dos visitantes e facilitar a interpretación das obras.

A ruta, que conxuga natureza, poesía e arte, revitalízase así como un espazo de memoria e creación, mergullando a quen a percorre no universo literario e vital de Fiz Vergara Vilariño.

⚙ Configurar cookies
0.15227699279785