A Asociación Española de Apicultores recoñece ao fundador de Meles Anta
A Asociación Española de Apicultores vén de amosar o seu recoñecemento ao empresario David Corral Pombo, fundador de Meles Anta e que faleceu hai algo máis dun ano, "por toda unha vida defendendo as abellas e apoiando ao sector apícola español desde a súa querida Galicia".
Desde a empresa, ubicada no polígono de Bóveda, recoñecen que "para nós é un orgullo e unha honra que os compañeiros da Asociación Española de Apicultores recoñezan a entrega e o amor pola apicultura do noso fundador, que estamos seguros se sentiría moi feliz".
Este recoñecemento a David Corral súmase ao recibido o pasado mes de setembro, cando o samonense foi distinguido a título póstumo polo Clúster Alimentario de Galicia co Premio Honorífico Galicia "polo seu incansable labor a favor do impulso do desenvolvemento rural e a xeración de valor no sector".
Natural de Tocas -Renche, en Samos, David Corral falecía en 2020 aos 65 anos.