A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza o II Encontro de Asociacións do Camiño de Santiago
SarriaXa
Durante a xornada reuniranse os diferentes colectivos dedicados ao Camiño de Santiago, facendo un percorrido do Camiño Francés desde Samos ata Sarria
21 sep 2024
A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza o II Encontro de Asociacións do Camiño de Santiago de Galicia o vindeiro domingo, 13 de outubro.
Desta maneira, durante a xornada reuniranse os diferentes colectivos dedicados ao Camiño de Santiago, facendo un percorrido do Camiño Francés desde Samos ata Sarria, onde pararán na Sociedade Cultural La Unión para desfrutar dunha sesión vermú, unha gran pulpada e algo de festa.
Para participar nesta iniciativa na que colabora a Sociedade Cultural La Unión, a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Provincial de Lugo, Cruz Roja, Protección Civil e o Concello de Sarria; hai que apuntarse antes do 10 de outubro e pagar un prezo de 35 euros.