A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova saída o 1 de setembro
SarriaXa
Esta saída será cara á Illa de Tambo, polo que a excursión incluirá bus, barco, comida e visita guiada á illa
24 Ago 2024
A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova saída o vindeiro 1 de setembro para a que haberá que apuntarse, como día último, o 28 de agosto.
Esta saída será cara á Illa de Tambo, polo que a excursión incluirá bus, barco, comida, visita guiada á illa e seguros, polo que os socios terán que pagar unha cota de 65 euros e os non-socios, unha de 68 euros.
Durante a excursión, visitarán a illa de Tambo, situada entre Poio e Marín, que conta cun gran valor histórico e ambiental, e darán un paseo en barco desfrutando da ría de Pontevedra. Ademais, tamén visitarán a localidade de Combarro.