A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza unha ruta da Vía da Prata este domingo
![Grupo-Xacobeo-Rutas-Sarria](https://sarriaxa.com/wp-content/uploads/2024/01/Grupo-Xacobeo-Rutas-Sarria.jpg)
A Asociación Grupo Xacobeo Sarria celebrará este domingo, 2 de febreiro, a segunda etapa da Vía da Prata, unha ruta de 18 km de dificultade moderada-fácil que transitará entre o alto da Canda e A Gudiña. A ruta, que promete ofrecer unha paisaxe espectacular, concluirá cunha comida en grupo para todos os participantes.
Os autobuses saíran ás 6.30 horas de Lugo e ás 7.00 horas de Sarria, para comezar a actividade. A organización permite realizar a reserva de praza ata o 30 de xaneiro, e o custo para os socios será de 45 euros, mentres que para os non socios será de 48 euros.
A ruta é unha excelente oportunidade para os amantes da natureza e do Camiño de Santiago para descubrir un tramo máis da Vía da Prata, un itinerario cheo de beleza e historia.