A Asociación Huhú invita a visitar a exposición 'COBRAS' na Sede

SarriaXa
'COBRAS' invita aos visitantes a mergullarse nunha experiencia visual e creativa única, onde se exploran novos linguaxes e propostas artísticas
exposición-Cobras-Sarria
Imaxe de Mercedes Vázquez Saavedra
19 Apr 2025

A Asociación Cultural Huhú anima a toda a veciñanza de Sarria e da comarca a achegarse a Sede Núcleo Difusor de Arte Contemporánea para visitar a exposición COBRAS.

Desde as 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas do día de hoxe, sábado 19 de abril, as persoas interesadas poderán ver os traballos creados de xeito colaborativo polos artistas Misha Bies Golas e Diego Vites durante a súa residencia artística nas instalacións de Viarco, en Portugal.

A exposición tamén conta coa participación de Manuela Pereira, cunha peza de vídeo, e Vanda Madureira, que introduce un texto.

COBRAS invita aos visitantes a mergullarse nunha experiencia visual e creativa única, onde se exploran novos linguaxes e propostas artísticas.

⚙ Configurar cookies
0.14259886741638