A Asociación Meigas e Trasgos celebra o magosto con música, baile e castañas o 15 de novembro

SarriaXa
A festa terá lugar no lar social da entidade a partir das 19.30 horas e contará con comida, bebida e moita diversión de balde
magosto-Meigas-e-Trasgos-2022
19 Oct 2025

A Asociación Meigas e Trasgos de Sarria celebra o sábado 15 de novembro o seu tradicional magosto, unha das festas máis emblemáticas do outono, que terá lugar no lar social da entidade a partir das 19.30 horas.

Durante a xornada, os asistentes poderán gozar dunha ampla degustación de castañas, iscos, chourizos, larpeira e distintas bebidas nun ambiente festivo e familiar.

A celebración incluirá tamén música en directo e moito baile, para que veciños e visitantes compartan unha noite de convivencia e tradición.

A organización destaca que a actividade será totalmente de balde e anima a toda a veciñanza de Sarria a participar nesta cita que combina sabor, cultura e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.064228057861328