A Asociación Meigas e Trasgos comeza un novo curso de baile e música tradicional
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos anuncia o comezo dun novo curso para compartir tardes en familia de baile e música. Así mesmo, dende a Asociación lembran que por cada socio poderán asistir os membros da unidade familiar a todas as clases e actividades de forma gratuíta.
Desta maneira, a presentación do curso realizarase o 25 de setembro e as clases comezarán o vindeiro sábado 2 de outubro e rematarán o 18 de xuño de 2022.
Ademais, xa se presentou o calendario para coñecer os días que son festivos e nos que haberá vacacións. Estes son: o 9 de outubro -San Froilán-, o 30 de outubro -Samaín-, o 4 de decembro -día da Constitución-, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro -nadal-, o 26 de febreiro -entroido-, o 16 de abril -Semana Santa- e o 14 de maio -día das Letras Galegas-.
Por outra beira, este tipo de cursos comprenden clases de música e de baile tradicional e, no caso da música haberá clases e ensaios dos grupos de percusión e de gaita. Así mesmo, as idades de iniciación varían dependendo da clase; para percusión e gaita, a idade de iniciación é de 8 anos cumpridos, mentres que para baile, a idade é de 3 anos.
Finalmente hai que lembrar que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para levar a cabo un curso seguro e ameno.