A Asociación Meigas e Trasgos pon en marcha unha nova actividade de outubro a decembro
SarriaXa
Consistirá nun obradoiro de costura tradicional para todas as persoas interesadas
30 Sep 2024
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos organiza un novo obradoiro de costura tradicional durante o último tremestre do ano.
Desta maneira, do 8 de outubro ao 19 de decembro, todas as persoas que queiran aprender sobre costura para arranxar prendas de roupa, trapos e demais telas, poderán apuntarse chamando ao 639 974 587 ou ao 693 863 171.
As clases serán impartidas os martes e xoves de 19.00 a 21.30 horas, co fin de que poida ser compatible co traballo das persoas participantes.