A Asociación O Noso Lar organiza unha excursión a Taramundi o 17 de maio

SarriaXa
O prezo por persoa é de 65 euros e inclúe o autobús, guía acompañante, traslado en microbús a Teixois, entrada ao conxunto etnográfico, comida en restaurante e seguro de viaxe
onosolar-lancara-portada
23 Apr 2025

A Asociación O Noso Lar, coa colaboración do Concello de Láncara, organiza unha excursión a Taramundi o vindeiro sábado 17 de maio, unha proposta pensada para gozar dunha xornada completa de turismo rural, cultura e gastronomía nesta localidade asturiana pioneira no turismo rural.

A saída está prevista ás 8:00 da mañá dende os puntos de orixe establecidos, e durante o día visitaranse lugares emblemáticos como o Conxunto Etnográfico de Teixois (con traslado en microbús incluído), o Museo dos Muíños de Mazonovo, o Museo da Cuchería ou o Hotel A Rectoral, situado nunha antiga casa reitoral do século XVIII. Ademais, os participantes poderán gozar da rica e variada gastronomía local, especialmente coñecida polos seus queixos, con comida en restaurante incluída.

Pola tarde, o grupo visitará unha queixería, onde poderán coñecer o proceso de elaboración do queixo de Taramundi e degustar distintas variedades. Posteriormente, haberá tempo libre para visitar tendas de artesanía local, onde destacan as navallas e coitelos tradicionais, produtos de panadaría, mel, marmeladas, zumes, ovos de casa e outros produtos elaborados na zona.

O prezo por persoa é de 65 euros e inclúe o autobús, guía acompañante, traslado en microbús a Teixois, entrada ao conxunto etnográfico, comida en restaurante e seguro de viaxe.

⚙ Configurar cookies
0.168053150177