A Asociación Peleriños de Sarria pon fin á primeira fase do seu club de costura
SarriaXa
Desde a Asociación promoven o coñecemento da cultura da tradición galega desde diferentes actividades
12 Dec 2024
A Asociación Peleriños de Sarria pon fin á primeira fase do seu club de costura, no que as participantes remataron de elaborar unhas camisas.
Estas intentan ser o máis parecidas posibles a unhas prendas de roupa que se tomaron como exemplo dunha mostra recollida na comarca de Sarria de tempos anteriores da tradición galega.
Desde a Asociación promoven o coñecemento da cultura da tradición galega a través do ensino de canto tradicional galego, a tocar instrumentos como a pandeireta e tamén, agora co club de lectura, ponse en marcha unha nova forma de recuperar o patrimonio dos nosos ancestros.