A Asociación Peleriños organiza unha foliada polas rúas de Sarria
A Asociación Cultural Peleriños realiza en agosto a súa xuntanza anual, na que se adoita invitar diferentes grupos culturais para poder contemplar outros estilos de baile, así coma outras culturas e tradicións. Así mesmo, Peleriños aproveitaba para demostrar e facer unha actuación de todos os grupos de baile que hai dentro da asociación para dar a coñecer os diferentes avances que se fixeron durante o ano.
Neste ano -segundo consecutivo-, a causa da actual situación sanitaria, este evento non se poderá realizar, sen embargo, igual ca o ano pasado, a Asociación Peleriños sairá o vindeiro 14 de agosto a tocar e a bailar polas rúas de Sarria para conmemorar este día. Así mesmo, realizarase con todas as medidas sanitarias e poderanse unir todas as persoas que o desexen.
A actuación comezará na rúa Maior e percorreranse as principais rúas da vila de Sarria dende as 12.30 horas. Así pois, o formato, que solía comezar á tardiña, adáptase a un formato con duración de todo o día. Unha forma de realizar unha xornada diferente, de ocio e de lecer, na que se una a música e o baile tradicional e se poña en valor, desta maneira, a cultura da vila.