A Asociación Peleriños prepara un obradoiro de iniciación á xota

SarriaXa
A Asociación Cultural Peleriños de Sarria informou da realización dun obradoiro de iniciación á xota, aberto a tódolos públicos e idades posto que o que queren é aprender a bailar dende cero.
obradoiro de iniciacion a xota pelerinos sarria 2023
12 sep 2023

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria informou da realización dun obradoiro de iniciación á xota, aberto a tódolos públicos e idades posto que o que queren é aprender a bailar dende cero.

Será impartido por Ruth Pérez ás 19.00 horas no Malecón.

Ruth Pérez comezaba a súa andaina no baile tracicional polo ano 2000 na A.C Val do Mera ( O Burgo – Lugo ), continuando coa súa formación nas escolas de baile da A.C Cántigas e Frores de Lugo. Un ano máis tarde pasa a formar parte do grupo de baile tradicional dirixido ata o 2015 por Xabier Iglesias, e do que se segue formando como bailadora ata hoxe en día baixo a dirección de Javier Sanmartín e Belén Tojo.

No ano 2009 incorpórase como bailadora á compañía de danza “ProxectoDanza” coa que no ano 2011 presenta o seu primeiro espectáculo “ Latexo”. Con esta compañía realizou colaboracións con grupos como “ Pepe Vaamonde Grupo”, “ Ghaita de pedra” e “Leña Verde ”.

No ano 2015 estrease o espectáculo creado por Quique Peón & Cía « O poder do Arcabuz" no que participa como bailadora.

Na actualizade forma parte tamén do grupo de pandereteiras da “A.C. Cantigas e Frores” dirixida por Noemi Basanta. Imparte aulas de baile na “A.C. Peleriños” de Sarria( Lugo) e paticipa no recén estreado espectáculo de baile “Bailador” da compañía de danza Oscar Cóbos.

obradoiro de iniciacion a xota pelerinos sarria 2023
0.16864800453186