A asociación sarriá Que facemos? expón unha mostra de arte dixital no Vello Cárcere

SarriaXa
A Asociación Que facemos? ten exposto no Vello Cárcere de Lugo 'Panóptico' unha mostra de arte dixital que explora o legado da filosofía panóptica a través da obra de 14 artistas dixitais.
panopticon sarria
17 Nov 2023

A Asociación Que facemos? ten exposto no Vello Cárcere de Lugo 'Panóptico' unha mostra de arte dixital que explora o legado da filosofía panóptica a través da obra de 14 artistas dixitais.

O Panóptico foi unha solución arquitectónica á produción industrial, evitando as accións disruptivas individuais, que tiña como fin último a eficiencia e o control absoluto. É, así, "un reflexo anticipado dun dos nosos actuais dilemos sociotecnolóxicos", explican desde a asociación, "un espello á sociedade contemporánea, cuestionando a transparencia da nosa privacidade e as formas sutís polas que o poder se insinúa nas nosas vidas cotiás, xa que o noso comportamento é constantemente modelado polas expectativas e as esixencias dunha sociedade que, quizais sen darse conta, volveuse gardiá da prisión perfecta", sosteñen.

A mostra do Panóptico mostra que a tecnoloxía non é só un medio para a expresión artística, senón tamén como un comentario crítico sobre a mesma e unha invitación a reflexionar.

Panopticon cartel
0.12216591835022