A Asociación Sarricanta pon en marcha dous cursos para a cidadanía sarriá

A Asociación Sarricanta pon en marcha, como todos os anos, algún cursos da man do Concello de Sarria para ofrecer á cidadanía sarriá e que poidan desfrutar de actividades artísticas, ademais de poder formar parte do coro.
Así, a partir de hoxe, mércores 6 de novembro, todos os mércores terá lugar un curso de pintura ao óleo impartido por Marisol Vázquez en horario de 20.30 a 22.30 horas no centro Breogáns.
Pola súa parte, a partir do xoves 7 de novembro comezará tamén a impartirse un curso de talla en madeira e iniciación á orfebrería no que o guía será José Luis Morales. O horario será de 20.00 a 22.00 horas e terá lugar na Feculera.