A Asociación Val de Láncara ofrece actividades culturais esta fin de semana
A Asociación Cultural Val de Láncara acolle dúas actividades esta fin de semana. Así pois, o venres 27 de agosto será o turno dos seráns de música, cunha actuación do grupo de música e baile da propia Asociación.
O espectáculo realizarase ás 21 horas na praza do Lugar, en San Pedro de Láncara. Unha cita musical para dar por rematada a semana. Así mesmo, o domingo 29 de agosto chegará o cine na rúa, coa proxección de Ons, un drama psicolóxico galego dirixido por Alfonso Zarauza. O filme comezará ás 22 horas na área recreativa Manuel Fernández Arrojo.
Así mesmo, as actividades serán de balde e o aforo é limitado, polo que, coma sempre, é preciso enviar previamente os datos dos asistentes a asociacionvaldelancara@gmail.com ou a calquera membro da Asociación.