A Asociación Val de Láncara organiza actividades infantís nesta Semana Santa
A Asociación Val de Láncara organiza actividades infantís nesta Semana Santa. Con esta iniciativa buscan facilitar a conciliación e propoñer actividades lúdicas e de diversión para os máis pequenos do Concello, fomentando pasar tempo no municipio, a socialización entre os veciños e a diversión preto da casa.
O xoves ás 18.00 horas haberá unha sesión de contacontos “Astrolabios” que terá un custe de 5 euros para os non socios da Asociación mentres que o sábado de 17.30 a 18.30 haberá un obradoiro de manualidades a cargo de Katy Rodríguez cun custe de 3 euros para os non socios.
As dúas actividades terán lugar na antiga escola de Láncara e é precisa previa inscripción enviando nome completo a asociacionvaldelancara@gmail.com.
O conta contos a cargo de Tarabela Creativa levará aos nenos “Astrolabio” é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. E durante unha hora completa os rapaces convertiranse en buscadores de estrelas nunha viaxe ao espazo exterior... Nesta sesión de contos farán un percorrido para coñecer o ceo dende as diferentes culturas, mitos e lendas da Terra. Grazas a elas saberán onde queda o norte, aprenderán sobre algún planeta, descubrirán como se di que se creou este no que vivimos nós. Entenderán as fases da lúa, para que serviron no seu día os eclipses, que a Vía Láctea é en realidade o camiño das estrelas e que estas reúnense en constelacións que verán co telescopio. Baixarán a lúa do ceo, terán o Sistema Solar completo nas mans e mesmo verán nebulosas de preto.