A Asociación Val de Láncara prepara a tradicional Festa da Malla para o 10 de agosto

SarriaXa
A celebración incluirá unha representación da separación do grao da palla, exposicións de artesanía, maquinaria e música tradicional
Festa-da-Malla-Láncara-4
16 Jul 2025

A Asociación Val de Láncara organiza un ano máis a súa tradicional Festa da Malla, que terá lugar o vindeiro 10 de agosto. Esta festa consiste na representación do proceso tradicional de separación do grao de trigo da palla, mantendo viva esta antiga técnica que forma parte do patrimonio cultural da zona.

Durante a xornada, ademais, poderanse visitar exposicións de artesanía, maquinaria agrícola, vehículos e degustar produtos gastronómicos típicos.

Ademais, haberá unha comida popular e a Asociación Val de Láncara tamén actuará como grupo de música tradicional, acompañando a festa con son e baile.

Tras máis de vinte anos organizando este evento, a asociación subliña a importancia de que as xeracións máis novas aprendan directamente dos que aínda mallan, contribuíndo a conservar este oficio tradicional que envolve a todos os membros da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.14469003677368