A asociación veciñal e cultural de Santiago de Cedrón organiza o seu magosto
SarriaXa
A festa, ademais, estará amenizada polo grupo Dúo Tropical, co fin de que a veciñanza desfrute da música ademais da comida
24 Out 2024
A asociación veciñal e cultural de Santiago de Cedrón organiza o seu magosto na parroquia lancaresa o vindeiro sábado, 9 de novembro.
Desta maneira, terá lugar baixo da ponte de Saa ás 13.30 horas e contarase con carpa climatizada, para que as persoas que se acheguen poidan desfrutar dunha comida sen preocuparse dos efectos do tempo.
Así, comeranse castañas asadas, empanada, chourizos, liscos, costela e porco, postre e café por un custo de 20 euros os socios e de 30 euros os que non son socios.
A festa, ademais, estará amenizada polo grupo Dúo Tropical, co fin de que a veciñanza desfrute da música ademais da comida.