A asociación veciñal San Martiño de Río organiza un curso de primeiros auxilios con Afammer Lugo

SarriaXa
A actividade formativa celebrouse no local social do colexio de Río e tivo unha duración de cinco horas
curso-primeiros-auxilios-Asociación-San-Martiño-de-Río-Láncara
20 Oct 2025

A Asociación de Veciños San Martiño de Río celebrou o pasado sábado, día 18, un curso de “Primeiros auxilios” no local social do colexio de Río, no municipio de Láncara. A iniciativa, que contou coa colaboración e patrocinio de Afammer Lugo —a Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural—, desenvolveuse ao longo dunha completa xornada formativa de cinco horas.

A actividade foi impartida pola empresa Forma-t, con sede en Vilalba, e tivo como obxectivo ofrecer coñecementos básicos en materia de atención sanitaria urxente, co fin de capacitar aos veciños e veciñas para actuar correctamente ante posibles emerxencias.

Con este curso, a asociación continúa promovendo accións de utilidade social que reforzan a convivencia e o benestar da comunidade rural de Río e da contorna de Láncara.

⚙ Configurar cookies
0.065171003341675