A avenida Benigno Quiroga de Láncara contará con 180.000 euros para a súa humanización
A Deputación de Lugo inviste 180.000 euros para a humanización da avenida Benigno Quiroga de Láncara nun un convenio de colaboración entre a institución e o Concello de Láncara.
Esta acción poromove a humanización integral da avenida Benigno Quiroga do núcleo urbano da Pobra de San Xiao, que ten un custo total de preto de 187.000 euros.
No acto, celebrado no Salón de Plenos do Concello, estivo presente José Tomé Roca, presidente da Deputación; Darío Piñeiro, alcalde de Láncara e o Deputado de Promoción Económica e Social e Tenente de alcalde lancarés, Pablo Rivera Capón.
Tomé Roca destacou a importancia desta obra porque Benigno Quiroga é unha das dúas arterias principais coas que conta o núcleo da Pobra, onde se sitúan a maioría das tendas, entidades bancarias e locais de hostalería e onde viven ademais moitos veciñas e veciños deste municipio. “Polo tanto, o acondicionamento desta rúa terá un beneficio social, pero tamén económico”.
O proxecto
Esta actuación permitirá mellorar o firme da Avenida Benigno Quiroga, con aproximadamente un quilómetro de lonxitude, que aportará unha maior durabilidade e estabilidade.
Tamén se proxecta unha mellora de accesibilidade coa instalación de catro pasos de peóns elevados e a instalación de tres prazas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Así mesmo, este proxecto complétase coa sinalización horizontal e vertical necesarias que garante as condicións de accesibilidade e seguridade da vía.