A Banda de Música da Comarca de Sarria celebrará a Semana Santa con dous concertos

SarriaXa
Ambos actos prometen ser unha ocasión ineludible para os veciños e visitantes de Sarria que desexen vivir a Semana Santa dun xeito diferente
Banda-de-Música-Comarca-de-Sarria
12 Apr 2025

A Banda de Música da Comarca de Sarria celebrará a Semana Santa na vila con dous concertos especiais. O primeiro terá lugar este sábado 12 de abril, no Mosteiro da Madalena, tras a misa de 20.00 horas, e o segundo consistirá na súa participación na tradicional procesión da Borriquiña o domingo de Ramos, 13 de abril.

O concerto do sábado 12 de abril será un acto solemne no Mosteiro da Madalena, que dará comezo ás 20:30 horas. O programa estará composto por música sacra, con marchas procesionais adaptadas a versións de concerto, así como obras corais e unha peza de carácter gregoriano.

Este concerto será dirixido por Marcos Fernández Varela, quen toma por primeira vez a batuta da BMCS. Fernández Varela, un músico chantadino con ampla experiencia tanto como tubista e pianista, como director de bandas e coros, contará coa colaboración de dúas agrupacións corais. O Coro Voces Novas, dirixido por Berta Urbay, e o Coro Cantántibus, que tamén está baixo a dirección do propio Fernández Varela, acompañarán a banda nas pezas cantadas.

O segundo acto da BMCS será a súa participación na procesión da Borriquiña o domingo de Ramos. A procesión, que partirá tamén do Mosteiro da Madalena ás 12.00 horas, percorrerá a rúa Maior e o centro de Sarria ata chegar á Igrexa do Rosario. Durante o percorrido, a banda poñerá a música á comitiva, interpretando un repertorio de marchas procesionais que marcarán o paso da procesión.

Ambos actos prometen ser unha ocasión ineludible para os veciños e visitantes de Sarria que desexen vivir a Semana Santa dun xeito diferente.

⚙ Configurar cookies
0.15389919281006