A Banda de Música da Comarca de Sarria ofrece un concerto de inverno na Casa da Cultura

A Banda de Música da Comarca de Sarria organizará este domingo, 14 de decembro, un concerto de inverno na Casa da Cultura de Sarria, que dará comezo ás 12:30 horas.
O concerto estará dirixido por Marcos Fernández Varela e conta co apoio do Concello de Sarria, ofrecendo ao público unha cita musical para gozar desta época do ano.