A Banda de Música da Comarca de Sarria ofrecerá un concerto na Veiga de Láncara

SarriaXa
A actuación terá lugar o domingo 23 de febreiro ás 12.00 horas, co obxectivo de ofrecer unha mañá diferente, divertida e entretida aos seus residentes
Banda-de-Música-Comarca-de-Sarria-no-CAPD
18 Feb 2025

A Banda de Música da Comarca de Sarria celebrará un concerto especial no Complexo Terapéutico Xerontolóxico A Veiga, situado na Pobra de San Xiao, no Concello de Láncara.

A actuación terá lugar o domingo 23 de febreiro ás 12.00 horas, co obxectivo de ofrecer unha mañá diferente, divertida e entretida aos seus residentes.

A BMCS quere lembrar aos maiores da comarca, levando a súa música directamente aos centros destinados ao coidado de persoas maiores. Este concerto forma parte da súa obra social, buscando achegar a música á sociedade local, especialmente aos que teñen dificultades para asistir aos concertos convencionais.

Trátase da segunda visita-concerto organizada pola banda, tras a realizada no mes de decembro no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria.

Con estas actuacións, a BMCS reafirma o seu compromiso co benestar dos seus veciños e veciñas, levando a cultura e o desfrute musical a todos os rincones da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.13946890830994