A Banda de Música da Comarca de Sarria protagonizará os actos musicais o día 14 en Samos

SarriaXa
A actividade enmárcase no programa Tradigalu de música tradicional, bandas e corais da Deputación de Lugo
Banda-de-Música-Comarca-de-Sarria
Banda-de-Música-Comarca-de-Sarria
5 Xul 2024

O vindeiro domingo, 14 de xullo, desenvolverase unha actividade en Samos no marco do programa Tradigalu de música tradicional, bandas e corais da Deputación de Lugo.

Así, a Banda de Música da Comarca de Sarria estará durante a mañá do 14 de xullo espallando a súa música polo municipio.

Todo comezará ás 11.30 horas co pasarrúas da Banda de Música da Comarca de Sarria, ás 12.00 horas terá lugar a misa e procesión no misterio e ás 13.00 horas desenvolverase un concerto da man desta banda na praza do Concello.

0.15064311027527