A Banda de Música da Comarca de Sarria protagonizará un concerto en Santiago de Compostela

SarriaXa
Manuel Montero, músico e profesor na Escola de Música de Sarria, será o encargado de dirixir a Banda neste evento
Banda-de-Música-Comarca-de-Sarria-cedida-por-Tomás-Cumbraos
14 Ago 2024

A Banda de Música da Comarca de Sarria actuará este venres, 16 de agosto, a partir das 20.00 horas, na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.

Este Ciclo de Concertos, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela, ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do patrimonio cultural, así como achegar á cidadanía e a todos os visitantes de Compostela o traballo que fan as bandas chegadas de toda a xeografía galega.

Manuel Montero, músico e profesor na Escola de Música de Sarria, así como promotor do grupo Clarisaxos na vila sarriá, será o encargado de dirixir a Banda neste evento no que interpretarán 12 pezas musicais para todos os públicos.

0.13977789878845