A Banda de Música de Paradela celebra a súa Cea de Santa Cecilia e Nadal

A Banda de Música de Paradela organiza a tradicional Cea de Santa Cecilia e Nadal, unha cita anual que reúne músicos, socios e veciñanza nun ambiente festivo e convivencial. O encontro celebrarase o domingo 7 de decembro, a partir das 19:30 horas, na Antiga Escola de Paradela.
O menú estará composto por callos, churrasco, postre, café e bebidas, cun prezo de 27 euros por persoa. As inscricións poden realizarse chamando ao número 626 749 793 (Marisol).
Como é costume, ao finalizar a cea realizarase o sorteo dunha cesta, engadindo un momento especial a esta xornada que combina tradición musical e espírito navideño.