A Banda de Música de Paradela reúnese este domingo para festexar á súa patroa
Con motivo da celebración do día de Santa Icía este domingo 20 de novembro, patroa da música, a Banda de Música de Paradela realizará a súa xuntanza anual de socios e músicos.
O lugar escollido é o Restaurante Río Loio, o xantar será ás 13.00 horas. Unha vez finalizado o banquete, procederase coa presentación dos novos socios e os músicos da banda ofrecerán un mini concerto de celebración.
O prezo do banquete é de 25 euros (leva incluída a cota anual de socio).
Recentemente vimos de coñecer tamén que os membros da Banda de Paradela, puxeron en marcha un coro de adultos para todo aquel interesado en participar.
A agrupación conta cun novo profesor de coro, D. Jesús Álvarez, que se encargará de dirixilo e preparalo, así como de ofrecer as necesarias nocións de técnica vogal e formación musical básica para unha aprendizaxe integral e completa.
Os ensaios terán lugar os luns, en horario de 19.00 a 20.00 horas no edificio de correos e da escola de música (antiga casa do médico). Unha vez posto en marcha, colaborará coa banda para organizar concertos conxuntos ó longo do ano.
Para máis información ou dúbidas, pódese chamar ós teléfonos de contacto 626749793 (Marisol) ou 696942614 (Martín), ou pasar os luns (lectivos) pola tarde pola escola de música.