A Banda de Música de Sarria dedica un concerto ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade
SarriaXa
Os veciños de Sarria teñen unha cita esta fin de semana.
1 Dec 2023
Os veciños de Sarria teñen unha cita esta fin de semana. Este sábado 2 de decembro a Banda de Música de Sarria ofrece o Concerto Santa Cecilia
A actuación está dedicada ao Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Manuel Darriba será o encargado de presentar o acto no que colabora a Delegación de Cultura.
A proposta comezará ás 20.00 horas na Igrexa nosa Señora do Rosario.