A Banda de Música e a Coral Polifónica de Sarria protagonizan o Concerto de Santa Cecilia

SarriaXa
O evento terá lugar este sábado 22 na Igrexa de Nosa Señora do Rosario e coincide co 20 aniversario da Coral Polifónica do Concello
Banda-de-Música-de-Sarria-concerto Santa Cecilia
21 Nov 2025

Sarria ten unha cita coa música este sábado 22 de novembro, cando a Banda de Música local e a Coral Polifónica do Concello protagonizarán o tradicional Concerto de Santa Cecilia a partir das 20:00 na Igrexa de Nosa Señora do Rosario.

Este evento, esperado cada ano polos veciños e amantes da música, volve converterse nunha oportunidade para gozar dun repertorio diverso e de calidade.

A emoción este ano é aínda maior, xa que coincide coa celebración do 20 aniversario da Coral Polifónica do Concello de Sarria, un colectivo que ao longo destas dúas décadas enchido a vila de talento e harmonía

. Banda e Coral convidan a todos a sumarse á festa e compartir unha noite de música e historia local, facendo deste concerto un momento moi especial para a comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.06715202331543