A Banda Louband de Sarria inicia a súa xira musical no marco do Entroido 2025

SarriaXa
Este percorrido da Banda Louband traerá un repertorio cheo de enerxía e ritmo propio do Entroido galego
Louband-Sarria
26 Feb 2025

A Banda Louband de Sarria arranca a súa esperada xira musical para celebrar o Entroido 2025, levando o seu ritmo e a súa música a diferentes concellos galegos.

A primeira cita será o 28 de febreiro en Xinzo de Limia, onde dará comezo a unha serie de actuacións que se prolongarán durante toda a semana.

O grupo visitará o sábado 1 de marzo Laza, e o domingo 2 de marzo actuará en Viana do Bolo. O luns 3, estarán no Carballiño e na cidade de Ourense, onde tamén terán unha actuación o martes 4. Ese mesmo día, a banda desprazarase ata Ribadavia para continuar coa súa xira.

A semana rematará cunha actuación en Cubillos del Sil o sábado 8 de marzo, para finalmente pechar a súa xira no seu pobo natal, Sarria, o luns 10 de marzo.

Este percorrido da Banda Louband traerá un repertorio cheo de enerxía e ritmo propio do Entroido galego, facendo vibrar as distintas localidades con moita festa e tradición.

⚙ Configurar cookies
0.20214700698853