'A beleza simétrica na comarca de Sarria' está exposta na sala de usos múltiples do Concello do Incio

SarriaXa
'A beleza simétrica na comarca de Sarria' está exposta na sala de usos múltiples do Concello do Incio ata o 20 de xullo
A beleza Simétrica O Incio
7 Xul 2023

Héctor Corujo, o alcalde do Incio, recibiu a un grupo de mestras do IES Gregorio Fernández encargadas da mostra 'A beleza simétrica na comarca de Sarria', un traballo transversal durante o curso 2022-2023 do alumnado do centro.

Esta mostra está formada por fotografías, maquetas, trípticos, acuarelas, vídeo-documentario e textos que recollen as memorias de veciños e veciñas da comarca de Sarria, como a historia do barqueiro de Santa Marta do Loio, do Mosteiro de San Facundo De Ribas de Miño, da inglesa trasladada de Santa María de Ferreiros...

A exposición vai estar na sala de usos múltiples no Concello do Incio ata o 20 de xullo para quen queira achegarse e ver esta exposición a través da que o alumnado difunde o traballo feito ao longo desde curso académico 2022-2023 da man de diversos departamentos do centro.

0.084900140762329