'A beleza simétrica', o traballo do alumnado do IES Gregorio Fernández que está exposto en Sarria
SarriaXa
'A beleza simétrica', o traballo do alumnado do IES Gregorio Fernández que está exposto en Sarria para ver a historia da comarca
28 Jun 2023
O alumnado do IES Gregorio Fernández de Sarria desenvolveu un traballo transversal durante o curso 2022-2023 que resultou nunha exposición de fotografías, maquetas, trípticos, acuarelas, videodocumentais e textos baixo o nome de 'A beleza simétrica na comarca de Sarria'.
Este labor, desenvolvida coa axuda de diversos departamentos do instituto, recollen a memoria dos veciños e veciños da comarca sarriá mediante todo tipo de elementos, tanto escritos como audiovisuais.
Así, está recollida a historia do barqueiro de Santa Marta do Loio, do mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, da igrexa trasladada de Santa María de Ferreiros, da cadea da igrexa de San Fiz, do hospital do Incio, entre outras.