A Biblioteca Basilio Losada acolle a presentación do libro 'Andares', de Luís Celeiro

A Biblioteca Pública Municipal Basilio Losada da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, acollerá o vindeiro venres 2 de xaneiro de 2026 a presentación do libro Andares, unha escolma de artigos da sección xornalística Tía Manuela, asinados polo xornalista Luís Celeiro Álvarez. O acto celebrarase ás 19:00 horas e estará aberto ao público con entrada libre.
Durante a presentación, o autor estará acompañado pola concelleira de Cultura, Alba Sangil, e pola presidenta da Asociación Cultural Val de Láncara, Marta Fernández, nun encontro que servirá para poñer en valor o traballo xornalístico recompilado na publicación e o seu vencello co territorio e coa memoria colectiva.
A iniciativa insírese na programación cultural local e pretende achegar á veciñanza unha obra que recupera reflexións e textos publicados ao longo do tempo nun formato editorial.