A Biblioteca da Pobra de San Xiao acollerá a actividade 'Robótica Creativa: Autos Tolos'

SarriaXa
Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que queiran mergullarse no mundo da tecnoloxía de forma lúdica e participativa
Biblioteca-municipal-de-Láncara
28 May 2025

A Biblioteca Municipal da Pobra de San Xiao, en Láncara, converterase no epicentro da ciencia e a creatividade este xoves, 29 de maio, ás 16:00 horas coa celebración da actividade 'Robótica Creativa: Autos Tolos'.

Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que queiran mergullarse no mundo da tecnoloxía de forma lúdica e participativa. 

A iniciativa, promovida pola Rede de Bibliotecas de Galicia e o Concello de Láncara, ofrece aos participantes a posibilidade de construír vehículos eléctricos autónomos, que serán logo postos a proba nunha carreira chea de emoción e tolemia.

Durante a sesión, os nenos e nenas non desenvolverán habilidades técnicas relacionadas coa robótica, senón tamén a súa imaxinación e capacidade para traballar en equipo, ao participar nun concurso de deseño e creatividade coas súas propias creacións.

⚙ Configurar cookies
0.16706109046936