A Biblioteca de Lugo acolle a exposición sobre o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela

LugoXa | SarriaXa
A exposición, que poderá visitarse na Biblioteca durante os próximos quince días, consta de 12 paneis cheos de textos e fotografías que narran a historia da Banda
Exposición-Banda-de-Música-de-Paradela-en-Lugo
20 Mar 2025

A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acolle a exposición itinerante que conmemora o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela.

Esta mostra, impulsada polo colectivo Egeria, repasa a longa e destacada traxectoria da formación musical desde a súa creación en 1873.

No acto de apertura da exposición participaron a alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet; o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; a directora do centro, María Isabel Pérez Fórneas; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.

A exposición, que poderá visitarse na Biblioteca ata o 28 de marzo, consta de 12 paneis cheos de textos e fotografías que narran a historia da Banda de Música de Paradela, recollendo información de diversas publicacións e fontes históricas.

Esta mostra foi presentada por primeira vez en Paradela durante a feira anual do San Cidre en 2023 e agora chega a Lugo para seguir compartindo a súa riqueza cultural e histórica.

A Banda de Música de Paradela, que leva máis de un século e medio de existencia, segue sendo unha das institucións culturais máis queridas e representativas da comarca, e esta exposición ofrece aos visitantes a oportunidade de coñecer mellor a súa evolución ao longo dos anos.

⚙ Configurar cookies
0.39197897911072