A Biblioteca Municipal do Páramo xa permite facer carnés de socio e préstamos de libros

SarriaXa
A Biblioteca Municipal do Páramo xa permite facer carnés de socio e préstamos de libros
Biblioteca Paramo
7 Feb 2023

A Axencia de Lectura do Páramo, que está incluída na Rede de Bibliotecas de Galicia, xa conta cun servicio que permite aos cidadáns sacarse o seu propio carné e reservar libros para que o concello llos preste e poida lelos na súa casa.

A Biblioteca Municipal do Páramo atópase dentro das instalacións da Casa do Concello e dá un servizo aos veciños todos os días, de luns a xoves, desde as 10.00 horas ata as 13.00 horas.

Neste tempo, os interesados na lectura poderán acudir a ese espazo habilitado e desfrutar dun dos centos de libros de diversa temática. Como defenden desde a concellería de Cultura, "temos ao redor de 5 mil euros en libros de novela, emprendurismo, historia, ciencia ficción, autoaxuda, entre outros".

Así, o obxectivo é que os veciños fomenten o seu hábito lector, polo que desde a concellería de Cultura apostaron por solicitar subvencións á Xunta para dotar á súa biblioteca de fondos para adquirir libros, tanto en castelán como en galego.

"Os concellos non adoitan pedir esas dotacións porque dá traballo e porque non teñen un lugar habilitado como biblioteca", din desde a concellería, "pero no Páramo hai unhas instalacións preciosas que merece a pena dotar de libros".

Ademais, todos os libros da Axencia de Lectura do Páramo están na base de datos da Rede de Bibliotecas de Galicia, "o que leva moito traballo, xa que hai que meter cada libro como se fose un empadroamento", defenden desde a concellería.

Así, os usuarios poderán facer o seu propio carné e reservar libros que lle serán prestados e así mellorar o seu hábito lector, tanto dos máis pequenos como dos maiores.

Biblioteca Páramo 2
0.18525195121765