A Biblioteca Pública de Sarria celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo musical de Xoán Curiel

SarriaXa
O artista presenta este venres unha proposta participativa para toda a familia que combina música, teatro e humor
Xoan-Curiel
22 Oct 2025

A Biblioteca Pública Municipal de Sarria acollerá este venres, 24 de outubro, ás 18.00 horas, no marco da celebración do Día das Bibliotecas, un espectáculo do músico e narrador Xoán Curiel, quen ensinará ao público como montar a súa propia “banda de verán”. Trátase dun conto musical pensado para nenos e nenas, pero tamén para desfrutar en familia.

A proposta de Curiel é unha experiencia absolutamente participativa, na que se mesturan a narración oral, o clown e o teatro con diferentes estilos musicais como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova.

O evento, promovido pola Biblioteca Pública Municipal de Sarria, busca celebrar a lectura e a creatividade a través dunha actividade lúdica e musical que convida a compartir o espírito das bibliotecas como espazos de encontro, imaxinación e aprendizaxe.

⚙ Configurar cookies
0.076448917388916